O vindeiro luns 18 de maio, aínda coa resaca da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información do domingo, que este ano ten como lema Protexer aos nenos no ciberespacio, o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, vai clausurar o acto institucional organizado para porlle fin ás actividades desta edición.
No acto, que terá lugar ás 12:30 horas no salón de actos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, tamén participarán o decano-presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación (COIT), Francisco Mellado, a presidenta de UNICEF-Comité Español, Consuelo Crespo, e o director xeral da Policía e da Garda Civil, Francisco Javier Velázquez.
Francisco Ros clausura o luns o Día de Internet e das Telecomunicacións
Compartir Este Artigo

