Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os internautas, en contra de que os xornais en liña comecen a cobrar polos seus contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os internautas, en contra de que os xornais en liña comecen a cobrar polos seus contidos

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/05/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

wsj.jpgNon é ningunha novidade: cada pouco tempo xorde alguén, normalmente un persoeiro con certo peso nalgún grupo de comunicación con presenza na Rede, que investiga a opinión da comunidade internauta en espera de que esta lle conte se estaría disposta ou non a pagar polo ata o de agora se lle está a dar de balde. Isto ten unha explicación, e tampouco se pode dicir que sexa nova: a procura de novas canles de negocio para unha cousa, o xornal dixital, ao que se lle ven dende os despachos directivos unha chea de posibilidades aínda por aproveitar. Porén, como puído comprobar o magnate Rupert Murdoch, propietario do grupo News Corporation (que dá acubillo, entre outros, ao Wall Street Journal ou The Times), a comunidade internauta semella que ten o feo vicio de ser teimuda, en ocasións tan dialogante como unha parede, e non semella que haxa maneira, a curto e medio prazo, de que extraerlle máis cartos có que producen vendo e visitando a publicidade inserida nos xornais en liña.
Segundo contan medios como El Mundo ou (máis recentemente) Baquia, a procura de novas canles de beneficio por esta vía de obrigar a pagar por ver contidos semella ata o de agora do máis infrutuosa.
Ou sexa, que o que funciona para o xornal Wall Street Journal, especializado en temas de economía e a día de hoxe acadando unha boa cantidade de ingresos por subscricións, non ten por que valer para os demais medios. Segundo se pode extraer dunha enquisa feita pola CNN entre os seus lectores co obxectivo de albiscar a quen queren máis, aos contidos de pago ou aos contidos libres, a comunidade de internautas non semella estar pola labor de inclinarse polo primeiro. Neste caso, a situación case se pode dicir que é, salvando as distancias, un pouco semellante ao do emprego de redes abertas pola Rede: haberá moita xente que estea disposta a ir a unha tenda de CDs e mercar por 20 euros o que en Internet pode acadar pola patilla? Pois, a non ser que o CD en cuestión veña con moitos engadidos (cancións extra, un DVD, notas, entrevistas, etc), a verdade é que por desgraza para as tendas de música, que fan o que poden para sobrevivir, a cousa non pinta moi ben para a súa venda. Pois algo semellante (insistimos: con certas diferenzas, xa que polo de agora non hai unha SGAE que persiga aos lectores de prensa en liña, e os responsables desta dan polo de agora o seu visto bo a este sistema, aínda que sexa a regañadentes) acontece cos medios de comunicación no seu traslado ao virtual. Para os usuarios, insístese no estudo de CNN, a cousa está ben clara: sempre haberá sitios na Rede que acheguen contidos de balde, e, polo tanto, as páxinas que pretenden oficializar un formato de cobro por acceso non terán moitas opcións de ir cara a diante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?