Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web galega Ghastas Pista, cumpre dez anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web galega Ghastas Pista, cumpre dez anos

Raquel Noya
Publicado: 18/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ghastaspista.com.jpgQue galego ou galega (coñecedor ou non do batifondo nocturno da vila coruñesa de Santa Comba) non ten escoitado algunha vez a expresión “ghastas pista?” que usan moitos asíduos as discotecas xalleiras para convidar a bailar ás mozas e mozos do lugar? Pois ben, o éxito desa expresión tan peculiar e descritiva do acento da bisbarra do Xallas (que naceu alá pola década dos noventa) foi tal, que Ghastas Pista? non tardou en chegar á Rede e converterse nunha web centrada principalmente na música folk e tradicional da nosa terra, que hoxe mesmo cumpre xa 10 anos.
A páxina, que ao longo desta década tamén nos achegou outros estilos alén da música popular galega, tiña como única condición que as cancións estiveran na nosa língua, algo que aínda hoxe segue a respectar minuciosamente.
Asemade, esta web, que nos últimos anos foi ampliando os seus contidos con vídeos, listaxes de locais, programas de radio, lugares onde asistir a clases ou eventos nos que os afeccionados a esta música podían disfrutar dela en vivo e en directo, presenta agora información sobre novidades discográficas editadas tanto dentro como fóra de Galicia, así como traballos históricos xa descatalogados de enorme interese para os visitantes.
A web tamén contén agora unha sección aberta a tódolos internautas na que se poden informar e debater sobre a actualidade musical galega do momento e que ofrece un maior dinamismo e interacción entre os usuarios, que agora teñen a oportunidade de coñecer xente con similares gustos musicais e afeccións sen sair da aplicación.
Este portal, que naceu co obxectivo firme de dar a coñecer as novidades musicais do país, disponse a dar un paso máis alá e converterse non só nun punto de información, senón tamén nun lugar de encontro entre os que levan xa abonda “pista ghastada” e os que debecen por comezar a “ghastala” ao son da música galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?