Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O blogueiro Enrique Dans e Google participan este martes no Día de Emprendedor de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O blogueiro Enrique Dans e Google participan este martes no Día de Emprendedor de Galicia

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/05/2009
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

dia_emprendedor_2009_galiza.jpgDe xeito case inevitable, a cuarta edición do Día do Emprendedor en Galicia que se celebra este martes 19 de maio xirará en boa medida arredor dun eixe cada ano máis amplo e firme: o eixe da Rede. Así o reflicte o programa de actividades previstas para o Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago (organizadas polo IGAPE e BIC Galicia e incluídas polo miúdo máis abaixo) e así nolo conta a presenza naquelas dunha chea de empresas vinculadas en maior ou menor medida ao dixital, como por exemplo Google, Bit Oceans ou Visual MS. Por certo que este escenario compostelán (no que participarán o blogueiro galego Enrique Dans e Carlos Barrabés, responsable dunha firma senlleira de éxito en liña: Barrabes.com) será a base do Día do Emprendedor na nosa terra e un foco de información de primeira orde para toda aquela persoa interesada en pór en marcha unha empresa, establecer ligazóns con outras empresas, atopar financiamentos ou simplemente escoitar o que contan outras na procura de consello externo.
Segundo sinala a organización, que sitúa o pulo ás novas tecnoloxías do coñecemento como unha das prioridades da xuntanza, está previsto que acudan máis de 2.000 persoas dende todos os recantos da nosa xeografía e máis alá.
A actividade, que xa vai pola súa cuarta convocatoria, conta co apoio do Ministerio de Industria. Entre as novidades que introduce esta edición cóntase un espazo de asesoramento individualizado e de balde para que todos os asistentes inscritos poidan propoñerlles as súas dúbidas a un equipo completo de expertos de diversas entidades de xestión empresarial
Segundo informan o IGAPE e BIC Galicia, as accións programadas para o Día do Emprendedor darán comezo ás 9.45, desenvolvéndose a partir dese intre nos distintos itinerarios organizados. Deste xeito, no apartado de Oportunidades de Negocio haberá unha mesa redonda sobre autoemprego e asociacionismo, coa participación de membros da Federación Galega de Xoves Empresarios, das Asociacións de Jóvenes Empresarios da Coruña, de Vigo, de Ferrolterra e de Pontevedra, e da empresa Mellora Consultants. En paralelo, neste mesmo panel temático, desenvolverase a intervención da directora do Proxecto GEM Galicia, Araceli de Lucas Sanz, quen ofrecerá unha visión do emprendedor tipo en Galicia.
Polo que respecta á Rede e o debate arredor das diferentes vantaxes que lle achega a un empresa, sexa do sector que sexa, dicir que o Día do Emprendedor en Santiago contará cun espazo específico que será inaugurado polo blogueiro e investigador galego Enrique Dans, quen afondará nas claves da Internet como vehículo e complemento da innovación.
A profesora da Escola de Negocios Caixanova Teresa Mariño abrirá o itinerario de Financiamento indicando as claves para conseguir recursos financeiros para un proxecto emprendedor. Mentres, Pedro Moneo, fundador e director xeral de Opino, iniciará o de Internacionalización coa intervención Emprender en tecnoloxías: Desde un proxecto ata Silicon Valley.
A continuación (10.30 horas), a colaboradora do think tank Infonomía Antonella Broglia analizará onde están as oportunidades de negocio, ao tempo que, noutra sala, a responsable de Produto de Marketing de Google, Isabel Salazar, impartirá o obradoiro Oportunidades de negocio na Internet.
Nos demais itinerarios, informa a organización, desenvolveranse a esta hora mesas redondas. Así, en Innovación abordaranse as empresas de base tecnolóxica, coas experiencias de emprendedores galegos punteiros, como Carmen Cerecedo, de Neoker, e Alberto Malvido, de Bit Oceans, e as explicacións do director xeral de Investigación, Ricardo Capilla, e do subdirector de Apoio á Contratación e a Emprendedores, Jorge Barros, sobre as liñas de apoio da Administración autonómica.
Pola súa banda, o director territorial de Caixa Galicia en Santiago, Juan Carlos Carneiro; o director de Operacións de Sogarpo SGR, Jorge Sales; o director comercial de Afigal, Gonzalo González e a responsable da Rede Bang da Confederación Empresarial de Ourense, María Fernández, afondarán nas claves para obter financiamento. Mentres, a venda e o financiamento internacional serán abordados polo director comercial do Departamento de División Internacional de Caixa Galicia, Luis Alberto Bleda; o director executivo de SOLAR PST, Pablo Fernández; e o delegado do Instituto de Comercio Exterior en Galicia, Javier Tena.
Trala sesión plenaria, prevista para as 11.45 horas (e na que participará o especialista en Internet Carlos Barrabés), proseguirán os itinerarios con diversos coloquios.
Emprender en tempos de crise centrará a derradeira mesa redonda do itinerario Oportunidades de Negocio. No debate intervirán o director xeral de Caixanova, Eduardo García Erquiaga; a presidenta de SECOT, asociación de executivos xubilados que presta asesoramento, Aurora López; e representantes das empresas Visual MS e Massantia. Neste mesmo espazo temático, noutra sala, representantes das asociación de autónomos ATA Galicia, Upta Galicia e da Federación de Empresarios da Costa da Morte, ofrecerán a visión deste colectivo. O itinerario de Innovación pecharase co obradoiro Viveiros de empresa: unha visión realista, no que participarán os promotores das empresas Biosgal, de Ourense, Destrudat e Bit Oceans, de Vigo e Enodest e FrutoDS de Ferrol.
Pola súa banda, o director de investimentos dos fondos de capital risco de Xesgalicia, José Manuel Ortigueira; o director corporativo de Investimentos de Corporación Caixa Galicia, Javier Carral; o xerente de investimentos en Vigo Activo SCRSA, Miguel Baltar; e o director de Operacións de Uninvest SGECR, Martín Rivas, debaterán sobre o capital risco e as claves para convencer a un inversor financeiro.
Canto á internacionalización, a derradeira mesa redonda centrarase no tema Non poñer os ovos na mesma cesta: pódese vender noutros países. Neste coloquio coñeceranse as experiencias de dúas empresas con decidida vocación internacional como Selmark e Pescatech Vigo. Ademais, a responsable do departamento de Promoción Exterior da Cámara de Comercio de Vigo, Pilar Rey; o xerente desta mesma entidade, José Manuel García; e o coordinador do Servizo de Licitacións Internacionais da CEG, Javier Álvarez, afondarán na busca de novos mercados no exterior.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?