Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vieiros anima á comunidade internauta a participar no seu certame de imaxes a prol do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vieiros anima á comunidade internauta a participar no seu certame de imaxes a prol do galego

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

0652027001242642725-unha-das-imaxes-recibidas-na-ultima-semana.jpgA defensa polo galego, tan teoricamente ligada aos códigos que a propia lingua impón, pode ter feitura de fotografía dixital e conseguir os mesmos obxectivos. Ou mesmo ir máis alá. Disto, de procurar novos xeitos de coidar o noso e, asemade, máis maneiras de tirarlle partido a isto da comunicación colectiva é do que trata un concurso lanzado polo xornal en liña Vieiros que xa vai pola terceira edición e que consiste, basicamente, en animar ás lectoras e lectores a coller as súas respectivas cámaras e deixar “que o país fale con imaxes, paradas e en movemento, e que explique en que consiste a súa lingua”. A nova convocatoria do certame Unha imaxe para o galego, que chega á súa segunda semana de actividade, vén este ano co epígrafe O galego no espello. Polo que respecta á natureza dos premios en si mesmos, teñen moito de propios e, tamén, de ir asegurando o éxito de participación para vindeiras edicións: serán unha cámara fotográfica e outra de vídeo para os gañadores dos concursos de imaxe e vídeo, respectivamente.
Para participar, sinala Vieiros, téñense que achegar fotos (non deseños nin ilustracións) e aceptaranse tamén aquelas que recibiran tratamento dixital sobre unha base propia. Igual que outros anos, sinálase nas bases, recoméndase evitar tópicos recorrentes como retratos de persoeiros, bandeiras, libros, letras ou imaxes de xornais impresos. Polo que respecta ao vídeo, dicir que a súa limitación será de catro minutos máximo (sendo ideais as achegas de entre un e dous minutos) e que, tematicamente, o certame vai ser cen por cen libre sempre e cando non se inclúan contidos ofensivos para terceiras persoas.
O prazo para o envío de traballos está aberto ata o 30 de xuño. As bases xa se poden consultar aquí.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?