Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As webs de Air Europa e Vueling, na listaxe gris da Unión Europea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As webs de Air Europa e Vueling, na listaxe gris da Unión Europea

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vueling_web.jpgO panorama dos espazos web das empresas de venda de viaxes están neste intre no que ben se podería chamar un punto de inflexión. O motivo: as normas que protexen aos consumidores, que, finalmente, semellan ser cada vez máis normas e, cada vez, máis protectoras cos consumidores. Segundo sinalou os días pasados a web Hosteltur.com facendo referencia á nota acadada neste senso polas firmas españolas, a Unión Europea vén de situar na súa listaxe branca aos espazos en liña de Iberia e máis de Spanair, deixando para a clasificación de tonalidade gris os de Air Europea e máis Vueling. As valoracións, feitas sobre a base de 447 páxinas web de aeroliñas europeas estudadas, inclúen a Iberia e Spanair na listaxe das 16 compañías da UE que máis están a cumprir coas normas de confianza, respecto ao consumidor e máis accesibilidade que imprime a Comisión, listaxe formada polas devanditas e por Air Malta, Blue1, bmi, bmibaby, Estonian Air, Finnair, Malmö Aviation, SAS, Sata Air Açores, Sata International, TAP, Tarom, TUIfly e Virgin Atlantic.
Polo que respecta á listaxe negra, aquela na que se inclúen os casos imposibles de endereitar a curto ou medio prazo (con moi escasos esforzos achegados por cumprir coa regulación ou levar a cabo este punto en breve), estaría composta polas páxinas web de Aeroflot, Air Baltic, MyAir, Northwest, Olympic Airlines, Royal Air Maroc Marruecos, Turkish Airlines e Wingjet. Por último, o estudo da Comisión Europea habilitou unha vez máis unha zona de transición que supostamente dá acubillo a aquelas firmas que se atopan en trámites de mellorar no posible as súas achegas en liña, e nun prazo o máis curto posible: a listaxe gris. Amais das devanditas máis arriba, nesta listaxe hai algunha que outra empresa que dá servizo nos aeroportos galegos, como por exemplo Ryanair ou Air Europa.
Asemade, atopamos a Easy Jet, Blinter Canarias, Alitalia, Brussels Airlines, Delta Air Lines, Lufthansa ou Swiss, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?