Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha empresa catalá lanza na Rede un software para localizar plaxios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha empresa catalá lanza na Rede un software para localizar plaxios

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

approbo.jpgPor se a alguén lle quedase algunha dúbida, non é preciso ir aos contornos académicos para atopar casos soados de curta e pega, o plaxio tamén se dá nas máis altas esferas e o practican activamente dende grandes escritores (algúns gañadores de galardóns de amplo prestixio) a medios de comunicación dos que nunca serían postos en entredito, en cuestión de credibilidade, por unha boa parte da sociedade rendida aos seus pés. Leas aparte, semella que cada vez hai máis morbo por saber quen se leva o premio ao lacazán comunicativo do ano, de aí que se poñan en xogo ferramentas como Approbo, da que se fai eco estes días Visual Beta ou El Navegante. Trátase dun software que se lle facemos caso á empresa e non aos usuarios que están a probalo e que achegan xa interesantes opinións a ter en conta sobre os seus resultados (na nova de El Navegante hai uns cantos deste tipo), tería a capacidade de atopar, mediando un par de clicks, un documento copia de outro e certificar que así se fixo e onde se fixo.
Trátase dunha aplicación de balde, accesible na Rede, e pensada exclusivamente para topar plaxios na Internet de calquera documento. Polo que se nos conta, é doado de usar: o único que se nos pide é que carguemos o texto que pescudamos na páxina da ferramenta e logo, cliqueando, xa estamos en disposición de saber se o artigo que contén o documento está na Rede e por onde anda. Mesmo é quen, polo visto, de verificar ata que punto se levou a cabo a copia, é dicir, se houbo un intento de disimulo ou se directamente se optou polo rexistro fiel do incluído, mesmo das grallas. Detrás deste software, informa El Mundo, atópase a empresa Symmetric con sede en Barcelona, financiada para este proxecto en concreto por Citilab, unha páxina catalá de educación en liña habilitada por varias institucións públicas. A ferramenta emprega uns motores que localizan onde se atopan dentro da Rede as coincidencias co texto orixinal que se vén de subir á Web. Logo, fai un estudo termo por termo de todo o arquivo localizado e o sitúa perante os nosos ollos de xeito gráfico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?