Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Krasis lanza unha innovadora aplicación para crear boletíns electrónicos e campañas en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Krasis lanza unha innovadora aplicación para crear boletíns electrónicos e campañas en liña

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/05/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

portada-mailcast2.jpgA empresa galega Krasis, da que xa temos falado nesta web para dar conta (entre outras cousas) das súas achegas en materia de formación a distancia, vén de mover ficha de xeito decidido a prol de tirarlles partido ás moitas posibilidades promoción que ofrece algo tan de uso común como o correo electrónico. Segundo contan responsables da compañía viguesa, a aposta materialízase en boa medida a través de MAILCast, aplicación que permite crear boletíns electrónicos do xeito máis doado e campañas de publicidade en liña con destino directo cara ás bandexas de correo dos clientes. O software en cuestión, ao que é posible verlle as funcionalidades detalladas polo miúdo na propia web de Krasis, está neste intre dispoñible para quen queira empregalo en fase temporal de proba, durante un mes e con todo o preciso para ir descubrindo as súas características: personalización de envíos, servizos adicionais, segmentación, seguimento estatístico, etc.
O servizo MAILCast, que se afasta dunha boa cantidade das ferramentas automáticas de subministro de correos electrónicos precisamente por achegar posibilidades amplas de atención particular (tanto a usuarios concretos como a eidos de usuarios), permite entre outras moitas cousas facer o seguinte: publicar boletíns, crear e subministrar campañas de promoción a un custe que a empresa cualifica de “reducido”, ofrecer contidos ao noso sitio web ou á intranet con información actualizada a través de RSS, customizar relacións rendibles cos clientes, facer máis doada a distribución do traballo entre departamentos (axustando roles e permisos) e levar a cabo enquisas indirectas e previsións de vendas.
Asemade, e xa nun terreo máis específico, incorpora un inferfaz de usuario ao alcance dos coñecementos informáticos de calquera internauta. En realidade, e segundo informa Krasis, non somos nós os que estamos obrigados a afacernos a MAILCast, senón ao revés:
· O servizo está baseado na Web e non require que se descargue ningún software para o seu uso. Abonda cun navegador e poderemos empregar o produto dende calquera recanto.
· Inclúe varios idiomas e é quen de traballar en todos eles de xeito simultáneo. Adáptase, sinalan os responsables do seu desenvolvemento, de xeito automático ao idioma do usuario.
· Non precisa instalación nos equipos, e o seu software vén como servizo (SaS). Asemade, vén con todos os requirimentos para axudar no cumprimento das diversas lexislacións sobre protección de datos e control do correo lixo que están vixentes arestora no mundo.
Pero hai máis vantaxes, relacionadas xa co miolo das funcións que lles son propias:
· Podemos elaborar contidos directamente en MAILCast ou facelo co editor HTML que queiramos.
· Ofrece un editor de contidos integrado que permite crear informacións sen recorrer a oras ferramentas.
· Permite publicar na Rede as imaxes precisas para o noso correo sen necesidade de amplos coñecementos informáticos.
· Pode asociar un contido específico para cando os nosos correos sexan visualizados dende terminais móbiles.
· No caso de non especificar información propia, a ferramenta xera de xeito automático unha versión para móbiles do noso comunicado.
· Se elaboramos un boletín, poderemos crear as novas e os artigos que inclúan devagar, e sen necesidade de agardar ata o final para xuntalos. O día do envío, MAILCast encárgase por si só de unir todo “nun conxunto coherente e de aspecto homoxéneo”, sinala Krasis.
· Cando chegue o intre indicado para o envío, o software fai a maquetación do comunicado de xeito automático segundo a plantilla elixida, xuntando os anacos que xe teñan creado.
· Os contidos se poden personalizar a vontade con calquera información que teñamos sobre os seus destinatarios: nome, data de incorporación como cliente, ventadas do último mes, etc. Tamén se pode personalizar o asunto con calquera información sobre o receptor.
· O xestor de envío de desenvolvemento propio que inclúe a ferramenta permitirá acadar unha gran velocidade, pudendo entregar milleiros de correos por minuto, sen saturar os servidores de correo nin a conexión a Internet. Tamén se achega a posibilidade de facer envíos programados para unha data e hora determinados. Asemade, co fin de asegurar un resultado óptimo, é posible efectuar envíos de proba a calquera destinatario para a súa aprobación e visualización real.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?