
Con todo, e como dixemos ao principio, o capítulo de novidades de Televés non remata neste equipamento. Segundo informan fontes da empresa, a web vén de ser complementada cunha ferramenta de primeira orde para xornalistas, clientes e usuarios en xeral da Rede: unha sala de prensa en liña á que se accede dende www.televes.com e que achega toda a información xerada pola compañía con feitura de comunicados de prensa, convocatorias, documentación, recursos gráficos, escolmas e dossieres.
Volvendo á antena DAT HD e incidindo xa nos seus detalles máis técnicos, sinalar que a diferenza dunha boa parte dos equipamentos que temos hoxe ao alcance da man, foi desenvolvida tendo en conta ata no máis mínimo detalle as particulares características do sinal dixital. O obxectivo, como dixemos ao principio, é tirar o máximo proveito do seu potencial e garantir a recepción nas mellores condicións posibles da televisión de alta definición. O elemento que marca a diferenza con respecto a deseños alleos é sen lugar a dúbidas o sistema Boss Tech (Balanced Output Signal System), tecnoloxía que a empresa compostelá (responsable da mesma, dende o seu inicio ata o a súa aplicación) pon en xogo para que os usuarios poidan regular, de xeito automático, o nivel de sinal de saída. Por certo que a posta en longo desta instalación en Alemaña contará cun gran complemento de promoción destinado a todos os recantos do mercado global: máis polo miúdo aos 90 países de todo o mundo nos que a firma de Santiago de Compostela ten presenza comercial. Esta campaña de marketing contará ademais cun apoio de primeira liña na Rede: a páxina web específica www.dathd.com.
Televés presentará en Alemaña a súa antena intelixente para televisión dixital: a DAT HD
Compartir Este Artigo

