Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telocompro.es habilita espazos para o bookcrossing nas súas tendas da Coruña e Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telocompro.es habilita espazos para o bookcrossing nas súas tendas da Coruña e Ferrol

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

telocompro.jpgO mercado de obxectos antigos ou de segunda man acáelle ben ao trasfego de libros, e máis aínda se do que estamos a falar é do mercado en liña: as opcións de que un volume pase dunhas mans a outras, beneficiándose quen envía e quen recibe, multiplícanse. Na liña de tirar proveito de todos elementos postos en xogo a prol do saudable exercicio da lectura, os responsables da web galega de poxas en liña www.telocompro.es veñen de pór en marcha nas tendas que teñen na nosa terra un proceso de recollida de libros para participar directamente na práctica cada vez máis estendida do bookcrossing, dos que os establecementos de telecompro son desde esta semana zonas oficiais de recollida. Máis concretamente os locais das rúas Xeneral Sanjurjo (nº 128) e San Xosé (nº3), os dous na Coruña, e máis a tenda situada na rúa Arce (nº31) de Ferrol.
En virtude desta iniciativa, informan os responsables de Telocompro.es (vellos coñecidos desta web, aos que xa puidemos entrevistar para a nosa revista en papel hai agora un par de anos), calquera persoa que se pase polos ditos establecementos poderá deixar ou coller libros de xeito gratuíto.
Todo isto tal e como se especifica nas bases da práctica do Bookcrossing, unha forma de acceder á lectura que ten moito que ver co ideario do software libre para a informática en xeral (foméntase o intercambio sen atrancos e o máis espírito do ben colectivo) e que, a fin de contas, vén moi a conto nestes tempos de ingresos á baixa.
Por certo que co fin de celebrar estes hábitos a prol da lectura, o portal galego de Internet convocou hai tempo un concurso de creación de imaxe da compaña do que resultou gañador Isabel Martínez Gestal, deseñadora da Coruña. O obxectivo dos responsables de Telocompro é apoiar a iniciativa cedendo un lugar nas súas tendas para os libros de balde, pensando sempre na importancia do fomento da lectura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?