Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da Universidade de Vigo crean unha aplicación 2.0 que recomenda programas de TV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da Universidade de Vigo crean unha aplicación 2.0 que recomenda programas de TV

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/05/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

esquema_hibrido_queveotv.jpgSe hai algo no que nos poida axudar a tecnoloxía, e máis aquela que nos anima a participar na súa construción, é en contribuír a que perdamos menos tempo en buscar aquilo que nos gusta. Coma a condena do zapping, pero en positivo. Isto que semella pouca cousa, non é tal: do que se trata, malia a frivolidade posta pola nosa parte, é de sentar as bases da información ben xestionada. Así, ponse de manifesto unha vez máis a vella máxima de que máis vale unha boa maneira de chegar á información de valor, cá información mesma. Semellantes principios, pero aplicados á televisión (cunha carta de contidos que medra e que está a piques de saturarnos), tamén os podemos rastrexar na aplicación desenvolvida por un grupo de investigadores da Universidade de Vigo e da que informa conta estes días a Plataforma SINC, prestixiosa web especializada en divulgación e en ciencia. Máis polo miúdo, trátase dunha ferramenta 2.0, de tipo participativo, que filtraría a programación de centos de canles de televisión para elaborar finalmente recomendacións dos programas que máis potencial teñen para interesarnos segundo sexan os nosos gustos, horarios e concellos (previamente achegados ao sistema).
Estaríamos polo tanto ante unha nova rede social a engadir a outras moitas (Facebook, YouTube, Tuenti) pero cunha gran particularidade que a fai especialmente salientable: a diferenza doutras redes sociais, axúdanos a non estragar tempo e esforzos de xeito inútil. Arestora, informa SINC, a ferramenta xa está dispoñible para os estudantes e, tamén, para calquera internauta.
Por certo que tamén aparece detallada polo miúdo en IEEE Transactions on Consumer Electronics. Entre as súas principais vantaxes, como dixemos, atópase a de contribuír a pórlle fin á práctica do zapping. Ou, polo menos, limitalo ata onde se poida (cambiar dunha canle a outra sempre será inevitable, pero polo menos que non sexa desesperante e que o froito acadado pague a pena).
A aplicación, desenvolvida para tirarlle o máximo partido á nova era da televisión (con múltiples canles dispoñibles a través da televisión dixital e por fíos), foi posta en marcha polo Laboratorio de Televisión Dixital Interactiva pertencente ao Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo. O seu sitio web é Queveo.tv, un espazo onde todo semella posto ao servizo de poñerlle orde á información en relación co punto de vista particular do usuario. Segundo sinala a SINC unha das responsables do proxecto, Ana Belén Barragáns; o público está hoxe exposto a unha sobrecarga informativa pola presenza de centos de alternativas televisivas, polo que se fai máis preciso que nunca que haxa recursos encamiñados á personalización, a mediar entre os produtos que se ofrecen e o receptor co obxectivo de que polo camiño, na distancia, fique aquilo que non interesa.
E prosegue a investigadora: “Co emprego combinado da aplicación ofrecida por Queveo.tv cun PVR (Personal Video Recorder) sería innecesario programar a gravación dos programas favoritos evitando mesmo a gravación dos anuncios ou, no peor dos casos, o seu visionado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?