O BNG, con vistas ás eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro 7 de xuño, vén de pór en marcha unha nova web específica na que se informa das máis recentes actividades de campaña do partido e se inclúe, co apoio dunha axenda, unha completa relación das vindeiras (quen participa, onde, a que hora). A páxina, que tamén incorpora recursos informativos sobre o programa dos nacionalistas galegos (un programa que se basea, en palabras dos candidatos, en asegurar que os problemas do país tamén se traten, e polo miúdo, en Europa), achega os perfís dos candidatos e recursos multimedia (como por exemplo o anuncio electoral do BNG).
A web, de cara ás eleccións europeas, compleméntase cun grupo en Facebook en apoio á cabeza de listaxe nacionalista, Ana Miranda, que conta arestora con case 300 asinantes, reunidos baixo o epígrafe Eu votarei a Ana Miranda nas europeas.
A maiores, informa o BNG, tamén está dispoñible no servizo de vídeos en liña YouTube a peza electoral do partido, que inclúe intervencións de Guillerme Vázquez e Ana Miranda.
Na Rede o espazo electoral do BNG para as europeas
Compartir Este Artigo

