Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Greenpeace lanza na web unha campaña contra as axudas para a compra de coches
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Greenpeace lanza na web unha campaña contra as axudas para a compra de coches

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coches_fume.jpgA Internet, coma un foro de debate e comentarios pero ao grande, segue a facer das súas en cuestión de mobilizacións contra todo tipo de medidas políticas ou sociais. Entre as campañas de acción colectiva que máis ruído están a facer estes días na Rede atópase a que artella Greenpeace contra as axudas que os Gobernos español e galego preparan para os cidadáns que merquen un coche. Estas iniciativas, que podemos ver criticadas de arriba a abaixo no espazo específico de Greenpeace para a participación colectiva, teñen unha característica que as diferenza de outras moitas de meirande consenso: sitúan un muro de desentendemento entre os que se benefician delas (quen fai, vende ou merca automóbiles) e os que non se benefician (o resto da sociedade, que terá que aturar máis coches nas vías, máis fumes e contribuirá, con gasto público, a que medre o parque de cochazos subvencionados).
En definitiva, a acción en liña de Greenpeace consiste en animar á comunidade internauta a escribirlles ao ministro de Industria e máis ao presidente da Xunta para pedir que non gasten cartos públicos en mercar máis coches.
A mobilización ten un nome deses que fala sen axuda: Non pagues polo coche do veciño.
Segundo conta Vieiros, a idea da campaña é solicitar que toda axuda ou medida de apio se faga en referencia a vehículos que emitan menos de 110gCO2/km e co obxectivo de contribuír a que a industria se adiante ás regulacións da Directiva Europea no eido da eficacia no emprego de combustibles dos turismos. Para a asociación ecoloxista que vén de pór en marcha a iniciativa as axudas ás vendas de vehículo non son rendibles dende o punto de vista económico, son a metade de eficaces á hora de crear postos de traballo que os investimentos en transporte público e manteñen a dependencia do coche e das súas emisións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?