Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O gato que toca o piano, novo boom mediático na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O gato que toca o piano, novo boom mediático na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gato_teclista.jpgO bo de Internet, ou o malo, é que calquera pode converterse en famoso sen apenas decatarse do tema ou mesmo coa lei do mínimo esforzo. Con todo, hai ocasións en que o fenómeno concreto ten un claro compoñente de sona xustificada. Á Rede, tan intrincada ela, semellan sobrarlle bos exemplos disto, estando aínda recente un dos máis célebres casos de éxito meritorio da tempada: o da cantante Susan Boyle no YouTube. O que non imaxinabamos é que un destes andazos virtuais de comunicación que pasa dunhas mans a outras estivese protagonizado por un gato. Segundo reflicte Baquia, ao animal en cuestión non só lle acae ben o título de máis recente fenómeno de Internet, senón que tamén está a servir de inspiración para versións das súas habilidades feitas por ducias e visitadas por millóns de internautas no devandito servizo YouTube.
Por certo que a clave do seu éxito non está nin moito menos en relación con todo o abano de circunstancias nas que se soe mover un felino destas características, senón con algo que nin se asemella a unha sardiña nin pretende selo: un piano. O gato, segundo se pode ver, toca o piano como banda sonora de catástrofes.
Os vídeos nos que aparece o animal desenvólvese máis ou menos do mesmo xeito: primeiro acontece algo como unha caída ou un accidente e logo escóitase sempre a mesma melodía interpretada polo devandito gato sobre un teclado electrónico.
Segundo se pode comprobar no YouTube, o vídeo orixinal, titulado Play him off, keyboard cat e dirixido por Brad O´Farrell, xa foi obxecto de máis de 1,3 millóns de reproducións, amais de ter servido de inspiración directa para un número considerable de versións sobre o que acontece na peza orixinal, versións que, como poderemos imaxinar, contan sempre na súa recta final cun convidado de luxo: o gato pianista.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?