Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Partido Pirata consolida as súas opcións de obter escanos no Parlamento Europeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Partido Pirata consolida as súas opcións de obter escanos no Parlamento Europeo

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

613.jpgA Rede xa non é só Rede. Discutindo acerca dela discutimos sobre a natureza mesma da liberdade: onde comeza? Como se expresa e se garante? Este compoñente transcendente e inevitable da Internet foi, sen ir máis lonxe, o que vén de facer medrar en seguimento e participación a unha das agrupacións políticas máis excéntricas do presente panorama preelectoral europeo: o Partido Pirata. O colectivo, que procede de Suecia (non é casual que así sexa, tendo en conta que neste país se desenvolveu o xuízo contra o buscador de redes abertas en liña The Pirate Bay por terlle dado azos á libre descarga de arquivos), xorde como o seu nome indica co obxectivo de defender unha Internet como exemplo de liberdade total, sen ningún tipo de atranco que se interpoña entre o usuario e aquel anaco de información e coñecemento polo que devece: cancións, obras literarias, xogos ou filmes.
O Partido Pirata, que tamén inclúe nas súas proclamas a redución dos prezos dos soportes dixitais (co fin de que todo o mundo teña acceso á cultura con independencia da súa economía), está a obter tanta repercusión no seu país e en Europa enteira que xa hai quen lle garante escanos no Parlamento Europeo. Número deles? Non se sabe aínda cantos, pero o que si se sabe é que arestora é a terceira forza política do país, cun 8% de intención de voto.
Polo que conta El Navegante facéndose eco de declaracións feitas a The Times polo que se podería considerar o líder da agrupación, Christian Engstrom, ao colectivo semella ter ambición de abonda: o seu obxectivo é, polo de agora Suecia, pero en breve darán o chimpo a Europa e, máis adiante, din, ao mundo enteiro. Pulos non lle faltan: teñen tras de si a un importante feixe de usuarios da Internet, ás asociacións que promoven o uso libre da plataforma e, en definitiva, a todos aqueles que se indignaron cando a xustiza, recentemente, decidiu condenar aos responsables de The Pirate Bay a un ano de cadea e a pagar unha multa de 2.7 millóns de euros. Arestora, o Partido Pirata conta con preto de 50.000 membros. O seu programa, como é de agardar, céntrase polo de agora no eido das comunicacións (asegurándolles un escenario de respecto polo usuario), pero non se descarta que partan de aí para construír un ideario que sexa quen de abranguelo todo: o virtual e aquilo que lle deu forma, a vida que nos rodea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?