Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 12 Lúas presenta un obradoiro de iniciación no gravado a través das novas tecnoloxías (e viceversa)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

12 Lúas presenta un obradoiro de iniciación no gravado a través das novas tecnoloxías (e viceversa)

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

roteiro_de_cracion.jpgO colectivo tecnolóxico-cultural 12 Lúas está a presentar estes días unha máis que interesante actividade de ligazón entre dous mundos en aparencia afastados por algo máis que séculos: a técnica artística do gravado e as novas ferramentas da información. E dicimos “en aparencia” porque, unha vez máis, todo depende de como se mire: tecnicamente, unha boa parte da impresión dixital de hoxe deriva das prácticas de gravado máis antigas (xilografía, serigrafía), e socialmente, gran porcentaxe do artístico que xeran ambos mundos ten un aquel de popular, accesible e democrático. Coa idea de tirar partido dunha combinación máis estreita de ambos xeitos de expresión e comunicación ponse en marcha o Obradoiro Experimental Lueiro (iniciación ao gravado e ás novas tecnoloxías), proposta para maiores de 12 anos e a desenvolver en dous emprazamentos composteláns: o Taller do Paraná (para o gravado, os días 1, 5 e 5 de xuño) e a Casa da Asociacións/Antiga Estación de Cornes (para as novas tecnoloxías, os días 10, 11 e 12 de xuño).
A actividade, que terá un prezo de 40 euros por persoa, consiste en favorecerlles a todas e todos os participantes o escenario máis axeitado para iniciarse na era dixital a partir do gravado e viceversa. Máis polo miúdo, consistirá en formar un mural con todo o que as persoas inscritas desenvolvan a partir do gravado, interrelacionar unhas obras con outras e logo transformalo todo ao dixital. “A arte en todo o seu contexto e con a axuda do público, dará vida a unha obra creada baixo o lema de comunidade”, sinalan os responsables da iniciativa, o grupo 12 Lúas de creación cultural baseada nas novas tecnoloxías de balde de Internet (YouTube, Mindtouch Deki Wiki, Blogspot, Google Mail, Archive.org, Flickr e Facebook) coas licenzas Creative Commons.
Por certo que a actividade que presentan estes días desenvolverase coas xornadas do Roteiro de Creación que organizan os integrantes do Laboratorio de Creación Artística (LCA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?