Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede Dinamización abre horario de verán e presenta actividades para xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede Dinamización abre horario de verán e presenta actividades para xuño

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rede_dinamizacion_san_sadurninho-2.jpgA Internet, paseniño e se o tempo lle deixa, vai collendo ritmo de verán e adaptándose aos novos horarios dos usuarios. Así se reflicte nas novidades para o mes de xuño da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, onde se está a afrontar a realidade do dixital nas tardes de verán, en segundo plano por mor do tempo libre e a praia, cun novo horario (de 8 a 15 horas ata o 30 de setembro) e un programa de actividades feito á medida. Por certo que destas semella haber un pouco de todo, pero se cadra facendo fincapé en cuestións básicas de manexo da Rede e dos equipamentos fundamentais dun computador. Nesta liña sitúanse por exemplo as que achega o centro de Riotorto, que no mes de xuño acollerá un obradoiro de iniciación á Rede, do 2 ao 11, de 12 a 13.30 horas.
Outro curso, de procesador de textos, terá lugar do 15 ao 26, e un obradoiro de uso do rato e do teclado ofrecerase os días 29 e 30 de xuño de 10 a 12 horas. Asemade, o centro dará acubillo a unha charla sobre o bo uso de internet. Será o día 1 ás 9 da mañá, e estará dirixido aos máis cativos. A inscrición poderase efectuar ata o día inmediatamente anterior ao comezo de cada actividade.
En Vilagarcía de Arousa, o mes de xuño iníciase cun obradoiro de iniciación a Internet, que terá lugar do 2 ao 5 de xuño. Os días 8 e 9 presentarase a actividade Googlear, procura de información na Internet. Do día 10 ao 12 presentarase como crear unha conta de correo electrónico con Gmail.
Do 22 ao 26, no Centro de Dinamización de Vilagarcía haberá un obradoiro de procesador de textos Writer, mentres que do 29 de xuño ao 5 de xullo amosarase como instalar, configurar e coñecer o sistema operativo Galinux e presentaranse outros semellantes, como Trisquel.
No concello de Porto do Son haberá unha charla e cinco obradoiros: Procesador de textos (do 1 ao 12 de xuño en Porto do Son e en Portosín), mecanografía (do 15 ao 26 de xuño en Portosín e do 19 ao 30 en Porto do Son), e manexo da cámara dixital (do 15 ao 18 de xuño en Porto do Son). A charla sobre Galinux terá lugar o 29 de xuño no centro da capital municipal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?