A produtora Continental realizou un investimento de preto de 600.000 euros en 2 anos para abrir Continental Games, unha liña propia de videoxogos que vén de ser certificada por Nintendo de xeito que pronto poderemos ver xogos galegos para Wii e Nintendo DS.
Polo momento agárdase que na tenda de WiiWare poida incorporarse este mesmo ano un simulador que converterá o televisor nunha cheminea controlable a distancia. Paralelamente tamén desenvolven un par de títulos para a súa compra coma descarga que agardan ter listos para 2010, e serían un Emotional Training (un xogo que pretende adestrar emocionalmente ao usuario para ligar) e un xogo que precisaría dun accesorio físico que funcionaría como máquina da verdade, gañando os usuario que engane mellor.
Tamén agardan rematar este ano un proxecto para o iPhone que consistiría nunha aplicación de baixo custo para ler comics animados, que conta coma base unha obra de Miguelanxo Prado.
Continental Games prepara xogos para as consolas de Nintendo
Compartir Este Artigo

