Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: España sitúase á cola en materia de Wi-Fi económico nos aeroportos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

España sitúase á cola en materia de Wi-Fi económico nos aeroportos

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aeroporto_wifi.jpgSemella que as cousas non están precisamente doadas para todas aquelas persoas que andan á procura de accesos sen fíos á Rede nos aeroportos españois. Pola información que anda estes días pola Internet, a situación está máis complicada que atopar un treito da nosa costa sen aplicación vindeira de cemento. A situación, lonxe de mudar, semella ter trazas de perpetuarse, e todo iso malia os estudos que certifican a desesperación do viaxeiro medio á busca dun hotspot, como por exemplo o que veñen de presentar HP e American airlines encamiñado a amosar que seríamos quen de vender a merenda por un pouco de rede: segundo esta investigación, o 47% dos usuarios dos aeroportos prefiren ter Wi-Fi á propia comida do emprazamento (o 15%). Así as cousas, é a situación dos viaxeiros españois ou que recalan en España mellor cós do resto? Non parece que así sexa, e así nolo recorda Norberto Rodríguez en Notishow: hoxe en día é máis doado ter unha conexión de balde a Internet nun aeroporto de Ucraína ou Estonia ca nun español.
E todo isto, malia estar o país, supostamente, un pouco por diante en materia de redes e afianzamento nas mesmas.
Por certo que listaxe non remata nos dous devanditos: segue con países como Kuwait, Kosovo, Israel, República Checa, Canadá, Honduras, Exipto, Ecuador ou Austria, todos eles ofrecendo acceso sen fíos gratuítos nalgunha das súas terminais.
E logo tamén hai casos como o de Grecia, que no seu aeroporto de Atenas pon en xogo unha solución intermedia que, tendo en conta a táctica española de cobrar ben por algo canto máis se precisa, case semella ciencia ficción: na terminal grega achegan acceso de balde durante os primeiros 45 minutos, sendo preciso abonar o prezo a partir de aí. Arestora, o normal é que os pasaxeiros que estean en tránsito por España teñan só unha posibilidade de estar en liña: a través de tarxetas prepago ou tirando partido da tarxeta de crédito por un prezo que ten de todo menos económico: vai dos 5 aos 15 euros, por dez minutos ou unha hora.
Na imaxe, conexión en aeroporto vista no caderno de Cathycracks no Flickr.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?