Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica oferta un ADSL económico para reter aos seus clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica oferta un ADSL económico para reter aos seus clientes

Raquel Noya
Publicado: 26/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

banda_larga-2.jpgMalia que moitos fan a vista gorda e pretenden convencernos de que a crise non é para tanto e que a economía non está tan colapsada como nos fan ver os medios, o caso é que ata Telefónica, a considerada “a operadora de telefonía máis importante do noso país”, que non debería ter problema para manter os seus elevados ingresos, vén de reaccionar ao novo clima de aforro e vén de anunciar importantes rebaixas no seu servizo de banda larga.
O xigante español viuse na obriga (como outras moitas empresas nacionais e internacionais) de revisar a súa estratexia de mercado, e decidiu actuar aplicando fortes reduccións de prezos nos seus dous principais servizos: o ADSL e a telefonía móbil.
Se o pasado mes de abril, Movistar lanzaba unha tarifa revolucionaria con prezos tan baixos como os de un operador de baixo custe (9 céntimos por minuto a todos os destinos e horarios e 9 céntimos o SMS), agora, un mes despois, a compañía vén de facer o propio coa banda larga fixa, e vén de lanzar un servizo de ADSL, cunha velocidade de 3 megas e sen ningún tipo de limitación de descarga, por un prezo de 28 euros ao mes, o que supón 12 euros menos (unha rebaixa do 30 por cento) respecto do prezo estándar de 40 euros mensuais que viña aplicando.
Esta é a primeira vez en 7 anos que Telefónica baixa os seus prezos de ADSL xa que, dende o pasado 2002, a compañía mantiña un prezo inamovible de 40 euros mensuais.
Pese a isto, a operadora española nunca se vira penalizada na súa cota de mercado por manter prezos máis altos que os da competencia e ao longo dos dous últimos anos, segueu mantendo case intacta a súa cota, situada no redor do 56 por cento do mercado total da banda larga en España.
Porén, a crise económica e o incremento das cifras do paro, fixeron que os clientes de telecomunicacións prestasen máis atención ao custe real dos servizos que empregaban e que comparasen máis a relación calidade/prezo das operadoras que podían contratar.
Isto provocou que a cota de clientes de Telefónica se fora reducindo e que moitos clientes se pasaran a outras ofertas máis baratas.
Agora, con esta nova oferta de 28 euros, Telefónica pretende “reter” aos clientes que xa anunciaron o seu cambio de operadora así como captar a novos clientes e seguir ingresando beneficios a pesar da crise económica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?