Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e o Valedor do Pobo sentan as bases de futuras accións a prol dunha Rede máis segura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e o Valedor do Pobo sentan as bases de futuras accións a prol dunha Rede máis segura

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O presidente do CPEIG (á esquerda) e máis o Valedor do Pobo
O presidente do CPEIG (á esquerda) e máis o Valedor do Pobo
O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e o Valedor do Pobo veñen de sentar o alicerce de iniciativas conxuntas a prol dunha Rede máis segura, máis concretamente dunhas novas canles tecnolóxicas da información nas que se respecten na medida do posible a privacidade e os datos persoais de cada quen. Así o fixeron saber esta mañá os máximos representantes de ámbalas dúas entidades galegas trala reunión mantida en Compostela, reunión inserida no programa de divulgación das funcións do Colexio e na que participaron o propio Valedor, Benigno López, e o presidente e o secretario do CPEIG, Fernando Suárez e Juan Antonio Valiño. Segundo informa esta corporación, a xuntanza serviu para algo máis que para presentar as mutuas competencias sobre asesoramento e control en materia de Sociedade da Información: serviu para debater polo miúdo sobre cuestións como a protección de datos e as posibles colaboracións de tipo conxunto que se poden realizar no futuro ao respecto. Neste senso, o Valedor do Pobo puntualizou que a cifra de queixas que recibe sobre este aspecto aínda non é alta, pero que se ten percibido unha tendencia ao medre.
A xuntanza desta maña, informa o Colexio, inscríbese nunha nova liña de traballo do CPEIG a prol dos bos usos de Internet entre os menores de idade, cuestión que o Valedor tamén coñece abondo, tal e como se reflicte nas campañas postas en marcha dende esta institución co obxectivo de advertir entre cativos e adolescentes dos posibles perigos de Internet. E nesta mesma liña de advertencia se inseriu, precisamente, a mesa redonda organizada hai un mes polo CPEIG e o Concello de Santiago baixo o epígrafe Redes sociais… A cara oculta dos amigos dos meus fillos. Neste senso, e coa idea de tirar proveito da experiencia de cada unha das partes, o CPEIG ofreceulle a Benigno López a súa colaboración no deseño e posta en marcha de campañas de navegación segura e prevé agora solicitarlle un novo encontro ao Vicevaledor do Menor e Novas Tecnoloxías, José Julio Fernández, co obxectivo de concretar iniciativas a desenvolve en común.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?