Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago recibirá en xuño a visita de 137 expertos en tecnoloxías da información de toda Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago recibirá en xuño a visita de 137 expertos en tecnoloxías da información de toda Europa

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Fotografía tomada por Santi Alvite logo da presentación do programa de EUNIS 2009: de esquerda a dereita, Pedro Rey, Senén Barro, José Loureiro e Javier Franco
Fotografía tomada por Santi Alvite logo da presentación do programa de EUNIS 2009: de esquerda a dereita, Pedro Rey, Senén Barro, José Loureiro e Javier Franco
A Universidade de Santiago (USC) vai acoller o mes vindeiro, entre o día 23 e o 26, un dos encontros de investigación en novas tecnoloxías do coñecemento máis importantes de toda Europa. Segundo conta a USC na súa web, será a primeira vez en todo o territorio estatal que se celebre esta xuntanza, de escaso seguimento por parte dos medios xerais de comunicación pero amplamente seguida pola comunidade académico-investigadora. As cifras non deixan dúbida sobre a lonxitude do seu alcance: ata 137 universidades e institucións de investigación superior de 36 países europeos estarán representadas na Conferencia Internacional da European University Information Systems (EUNIS).
A xuntanza, que foi presentada estes días nos seus máis mínimos detalles, chega con esta edición compostelá á súa 13ª edición, logo de terse desenvolvido en centros de coñecemento europeos de primeiro nivel: Inglaterra (Manchester), Alemaña (Dusseldorf e Berlín), Francia (Grenoble), República Checa (Praga), Finlandia (Helsinki), Polonia (Poznan), Portugal (Porto), Holanda (Amsterdam), Eslovenia (Ljubljana), Tartu (Estonia), e Dinamarca (Aarhus).
Por certo que a organización decidiu optar por Santiago por dous grandes motivos: polo pulo á inclusión das novas tecnoloxías no eido académico que se está a lanzar dende a USC e, tamén, pola “súa presenza activa nos distintos foros galegos, españois e europeos”.
Polo que respecta ao programa de actividades, dicir que as intervencións agruparanse en diversos bloques temáticos sobre aprendizaxe a distancia nas súas diferentes modalidades, ferramentas de portais e webs institucionais, administración electrónica, globalización e mobilidade, infraestrutura e sistemas integrados, xestión das tecnoloxías da información, novas tecnoloxías aplicadas á educación e redes sociais.
EUNIS
A European University Information Systems (EUNIS) é unha asociación creada en 1993 cuxa actividade principal é a súa conferencia anual, a cita mais importante, no contorno europeo e mundial, de reflexión sobre os asuntos vinculados ao desenvolvemento e utilización das TIC nas universidades. Na actualidade conforman a asociación 135 institucións oficiais pertencentes a 29 países europeos e Estados Unidos e Israel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?