Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: IBM presenta un mundo virtual que facilita coñecemento na loita contra o cambio climático
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

IBM presenta un mundo virtual que facilita coñecemento na loita contra o cambio climático

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/02/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

powerup.jpgIBM vense de meter ata os xeonllos en materia educativa. E está a facelo con certa ambición, mesturando o labor formativo propiamente dito co da loita a prol do medio ambiente e todo iso servido cunha boa presentación en clave de mundo virtual en 3D de acceso libre. Os destinatarios desta proposta chamada “PowerUp”? Pois serán os nenos e os adolescentes, e ten a súa lóxica que así sexa, tendo en conta que os maiores temos ben enraizados certos costumes negativos para o noso medio ós que semella que non hai xeito de erradicaren (por exemplo: coller o coche para ir ó traballo malia saber que chegaremos antes camiñando).
O caso é que a proposta de IBM ten feitura de xogo en rede e de mundo virtual en 3D, collendo un pouco de cada cousa, e o reto que lles achega ós rapaces e rapazas é o de tentar salvar o planeta (para o caso, chamado “Helios”) mentres reciben coñecementos de ciencias e matemáticas.
A iniciativa preséntase para xogar a título individual ou en grupos, e cómpre sinalar que teremos máis posibilidades de salvar ó devandito planeta canto máis expertos sexamos en materia de enerxías renovables. Neste punto, ir aprendendo que as lámpadas de baixo consumo estragan menos enerxía e que é sempre mellor poñer un xersei que poñer a caldeira ó máximo, pode significar ante todo unha boa preparación.
A previsión é que IBM dea a coñecer oficialmente o seu mundo virtual no transcurso do Engineers Week 2008 que xa deu comezo e que fica aberta ata o 23 deste mes. Con todo, xa está accesible de xeito gratuíto na web habilitada para tal efecto.
Sinalar tamén que para o desenvolvemento deste proxecto convocouse a douscentos nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos, que asesoraron ós deseñadores de IBM de cara a presentar o xogo ó público. Asemade, tamén participaron o TryScience do New York Hall of Science, o Museo Tecnolóxico de San José (California) ou tamén o Museo Bakken de Minneapolis, achegando actividades e contidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?