Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede de ONO, con problemas en Levante dende o venres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede de ONO, con problemas en Levante dende o venres

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ono.jpgTer contratados os servizos de ONO e vivir en Levante non é sinónimo de sumar malas pasadas en materia de acceso a Internet, aínda que probablemente os ánimos dunha boa parte dos usuarios da Rede que cumpren os dous requisitos devanditos estean estes días máis que caldeados. Conclusión: mellor non facer brincadeiras co tema. Segundo se nos conta en Bandaancha, son moitos os clientes do dito provedor de Internet por cable que están a sufrir dende o venres as consecuencias dunha avaría, ao parecer (segundo contan os propios usuarios nas entradas máis recentes dos foros) por mor dun fallo alleo a ONO pero que lle afecta a esta de xeito directo. Hai casos en Cartaxena, en Murcia, Alacante, Castellón, Valencia e Palma de Mallorca, e os problemas tradúcense en atrancos para acceder a determinadas páxinas web (algunhas delas, probablemente de maneira casual, na listaxe negra da SGAE por dar acubillo ao que a entidade chama intercambio ilegal de arquivos).
Ao parecer, o problema non está a ser ben identificado pola dita firma, malia que se teña constancia de repetidas chamadas ao servizo de atención ao cliente por parte dun bo número de usuarios. Estes, cóntase, están a recibir respostas de todo tipo (se cadra por non ver a empresa problema algún nos seus servizos, e quizais, insistimos, teña razón), sendo algunhas destas respostas, xustificadamente ou non, manobras para cambiar a pataca quente de mans. Tal variedade de respostas podemos vela reflectida no foro de ONO.
Por certo que dende webs como a dita de Bandaancha xa se lle está a recomendar aos afectados que, de persistir o problema, fagan todo o posible para pedir nas chamadas de atención ao cliente un número de incidencia do mal funcionamento observado. En caso de negarse o dito departamento a abrir incidencia, o usuario pode achegar unha reclamación telefónica e solicitar o documento acreditativo da presentación da queixa, que ONO debería enviar ao usuario en 10 días. Este é, informa a web, o primeiro paso para abrir a vía legal a través de usuariosteleco.es, a Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?