Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Blukk: moreas de libros en galego-portugués ao alcance da man
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Blukk: moreas de libros en galego-portugués ao alcance da man

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

blukk.pngCon isto da Rede e, sobre todo, con isto de estarmos máis na Rede, xa non hai quen poña barreiras entre os lectores e os obxectos polos que devecen. Todo semella que vai camiño de reducir ao máximo a distancia entre os nosos ollos e aquela novela ou ensaio que hai anos que xa non vemos nos andeis das librarías ou que emprestamos (e xa se sabe como son estas cousas: logo non hai quen o recupere) e desexaríamos volver ler. Neste senso, de entre todas as iniciativas xurdidas recentemente entre os fíos invisibles da nosa Rede, a páxina Blukk, referenciada en Chuza!, é unha das que máis potencial atesoura para quitarlles dos miolos ás lectoras e lectores a idea de que están sós na súa teima de comer libros e de que practicamente todo o que teñen ao seu alcance está escrito en castelán. Inicialmente dirixida ao público galego, a web Blukk, como os seus responsables contan na propia páxina, é un portal que permite acceder do xeito máis rápido e simple a millóns de libros electrónicos e obras en galego-portugués disponíveis “nas principais livrarias virtuais da Internet e bibliotecas”.
A idea, amais de axudarnos a cortar todos os vínculos que queiramos con esa lingua que algúns, malia a súa sobrepresenza, din que está en perigo de morte, o castelán, é acadar que o acto de botarlle a man a unha obra galego-portuguesa sexa o máis doado posible (e sen que nos sexa preciso empregar tempo e esforzos en atopala). O portal ten accesos directos ao Catálogo Wook (a meirande libraría portuguesa con máis de dous millóns de títulos e con posibilidade de envíos a toda Europa) ou ao Catálogo Fnac Portugal (establecemento virtual con ducias de milleiros de títulos en portugués e outras linguas). A páxina, que aínda está a comezar a súa andaina e fica coa antena de recepción de suxestións perfectamente operativa (a través da conta info@blukk.com), incorpora seccións de livrarías virtuais, libros electrónicos (e-books) e acceso directo ao catálogo das bibliotecas das Universidades de Coruña, Vigo e Santiago, a Rede de Bibliotecas de Galicia, o Porbase Portugal-Catalogo Nacional de Bibliotecas em Rede, a Biblioteca Nacional Portuguesa, The European Library ou Europeana (Biblioteca Dixital Europea).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?