Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: San Francisco comeza a habilitar 1.100 marquesiñas solares con Wi-Fi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

San Francisco comeza a habilitar 1.100 marquesiñas solares con Wi-Fi

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

solarbus-ed03a.jpgAs marquesiñas, como tantas outras cousas, non teñen por que servir só para agardar ao bus, ou para meternos debaixo cando chove, ou para procurar palique coa veciñanza. O seu potencial é moi semellante ao de toda sala de espera: practicamente todo o mundo quere coñecemento e comunicación mentres agarda, ben sexa a través dun libro ou unha revista ou ben rompéndolle a cabeza aos que están sentados á súa beira (ou deixándolles que lla rompan). Tendo en conta isto e tendo en conta que non sempre hai un libro ou un viaxeiro co que falar ao alcance da man, introducir o acceso a Internet para estes tempos de espera non semella unha mala opción. E máis aínda cando o servizo é autosostible e se abastece da luz do sol a través de placas solares.
Segundo conta a web La Vida Wifi, isto mesmo é o que vén de poñer en marcha o Concello de San Francisco (Estados Unidos): ata 1.100 marquesiñas a instalar entre o día de hoxe e o ano 2013 e todas elas equipadas con baterías de enerxía solar para dar corda, á súa vez, a dispositivos de iluminación LEDs e, maiores, routers sen fíos para o acceso a Internet.
As marquesiñas en cuestión, desenvolvidas por Lundberg Design e contratadas pola firma Clear Channel Outdoor (empresa especializada en habilitar anuncios nas paradas de autobús), inclúen na súa parte alta un sistema de policarbonato reciclado inserido nunhas láminas fotovoltaicas. Este equipamento alimentará o panel de visualización informativo da propia parada de autobús, tecnoloxía que segue a liña de rendibilidade enerxética de toda a instalación e que, a través das lámpadas LED, só empregarán 76 vatios (a diferenza dos 336 que precisan as comúns).
Todo este sistema servirá, a maiores, para manter operativo o router de acceso á Rede que inclúe cada unha das marquesiñas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?