
Trátase dun directo que eles mesmos titularon LeftRightLeftRightLeft e que se pode baixar dende a súa web oficial sen ningún tipo de requisito para facelo.
O traballo reúne varios temas do seu último álbum, tales como a galadoada Viva la vida ou a que lle dá nome ao álbum, Death and All His Friends e tamén dos seus discos anteriores, como Fix you ou Clocks.
A banda de Chris Martin, que actuará o vindeiro 4 de setembro no Estadi Olímpic Lluis Comanys de Barcelona, o único concerto que dará no noso país, xa esgotou practicamente tódalas entradas da súa xira, o que demostra, unha vez máis, que a descarga de música en liña non ten por que supoñer a ruína de ningún grupo ou artista, sobre todo se este fai uns bos directos, como é o caso.
Colplay permite a descarga de balde dun directo na súa web
Compartir Este Artigo

