
A misión destes curiosos vehículos en Compostela: fotografar cada recanto e logo contribuír a crear un tecido visual que será, para a Rede, o máis semellante a estar en Santiago pero sen estalo. Ou sexa, que do que se trata é de achegar a través do dito servizo de Google a visión dunha cidade tal e como a vería un viandante: en 3 dimensións e con todo luxo de detalles.
Amais de Santiago, as cámaras de Google Street View están a cubrir arestora as zonas históricas de Salamanca ou Granada, logo de ter aplicado o mesmo proceso ás principais cidades españolas por tamaño e número de habitantes. Por certo que a iniciativa, que xa ten face visible para calquera que camiñe estes días pola zona vella da cidade, semella que está a ser ben acollida entre veciños, principalmente entre aqueles que máis vínculos teñen nos seus negocios coa achega de turismo. Polo que respecta ao Concello, segundo se nos conta en El Correo a través das declaracións da concelleira de Cidade Histórica, Olga Pedreira, a acollida parece ser tamén positiva, tendo en conta, sinala, o pulo que pode representar para incrementar o aporte de visitantes. Amais disto, cómpre ter en conta as portas que se lle abren, a través deste servizo, a todo aquel negocio ou establecemento que queira darse a coñecer na Rede: o servizo de Google ofrécelles a posibilidade de anunciarse.
O triciclo de Google xa cubre fotograficamente a Compostela histórica
Compartir Este Artigo

