Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os editores cualifican ás Administracións de ser máis piratas cós piratas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os editores cualifican ás Administracións de ser máis piratas cós piratas

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

editores_logo.jpgNa actualidade calquera pode levar o título de pirata. Hoxe os internautas, mañá unha boa parte dos integrantes das entidades que, supostamente, están a un lado da lei onde a bandeira dos osos e a caveira nunca ondea: as administracións públicas. Así están as cousas en opinión da Federación do Gremio de Editores de España, que veñen de participar nas xornadas sobre o libro dixital que se celebraron en Madrid acadando o que moitos criamos imposible a estas alturas: presentarlle a un auditorio un panorama onde os internautas non son os únicos que practican a copia ilegal. A cuestión para o devandito Gremio, personificado nas xornadas polo seu director, Antonio María Ávila, é moito máis complicada ca iso. E tanto que é así: ao seu xuízo, as Administracións son “as máximos piratas” e as que máis infrinxen as licenzas de propiedade intelectual.
A cousa tivo a súa amiga se temos en conta o contexto no que xurdiron as acusacións: minutos despois de que interviñese a subdirectora xeral de Promoción do Libro, Mónica Fernández, do Ministerio de Cultura, para quen está claro que o sector editorial debe ver a nova era, a dixital, como unha fonte de vantaxes e oportunidades, e non de ameazas. Esta cuestión foi tratada minutos despois por Ávila, para quen tamén está claro que o sector que representa non está pechado aos cambios da realidade tecnolóxica. Os datos achegados polo Gremio para certificar esta cuestión foron os seguintes: o 10,5% do total da facturación da industria do libro faise xa en formato distinto ao papel, e existen xa case 200 empresas na Federación que realizan o seu traballo en liña.
Segundo informa Efe, Ávila tamén tivo palabras para reclamar unha nova lei de Propiedade Intelectual, ao que engadiu que o cumprimento da actual non é máis que unha brincadeira en España, ata o punto de que países como Estados Unidos incluíron a España nunha listaxe negra na que se dá conta de aqueles países que teoricamente máis desleixo amosan en materia de facer cumprir o regulamento sobre infrinximento de licenzas de autor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?