Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presenza galega na feira de animación 3D Wire de Segovia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presenza galega na feira de animación 3D Wire de Segovia

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

webespbaja.jpgO Mercado Internacional de Animación 3D e Videoxogos que se celebra en Segovia o día 5 de xuño contará con participación galega. Segundo nos contan dende Sandiás (Ourense) os organizadores de Animacam.tv, este certame audiovisual de animación (co Camiño de Santiago como eixe) terá na devandita feira castelá unha palestra dende a que darse a coñecer. Asemade, estará presente un vello coñecido de Código Cero: o encontro internacional Mundos Dixitais, dende A Coruña. Por certo que á xuntanza de Segovia tamén se lle chama co nome de 3D Wire, e está previsto que reúna na xornada de mañá venres aos directores dos máis prestixiosos festivais de animación de toda España.
Patrocinada polo Círculo de Ciencia e Tecnoloxía, o propio Concello da cidade castelá e o Ministerio de Industria, a feira 3D Wire ten entre os seus obxectivos o de procurar mecanismos internos de cooperación e conformar unha visión conxunta do papel que xoga o panorama de festivais na promoción da animación española no estranxeiro. Polo que respecta á achega de Animacam (que acude á feira xunta co Animabassauri, o Animac de Catalunya ou o Sicam de Murcia), dicir que a previsión é a de tirar proveito do amplo auditorio para acadar o que en definitiva alimenta ao propio festival galego: a participación. “A nosa idea”, comentan, “é abrir á participación a peregrinos, usuarios da Rede, creadores e produtores de debuxos animados de todo o mundo, xa que todos eles teñen cabida en Animacam, amais de voz e voto, ben sexa a través da Sección Oficial competindo con filmes ou nas Seccións Paralelas, mediante os foros que baixo os epígrafes de O Camiño, Libros e Festas recollerán achegas que axuden a crear as bibliotecas, fototecas e videotecas virtuais do Camiño de Santiago”.
O director do festival de Sandiás participará cun relatorio titulado Camiñando xuntos para animar o mundo: o feedback entre creadores e público coa que pretende reflexionar sobre cómo conquerir a retroalimentación entre as obras e os seus destinatarios, os espectadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?