Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O filme Home sobre a destrución imparable da Terra, no YouTube ata o 14 de xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O filme Home sobre a destrución imparable da Terra, no YouTube ata o 14 de xuño

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

home_imaxe.jpgHoxe, Día Internacional do Medioambiente, é máis que nunca un día para a reflexión e, sobre todo, para non se nos perda nalgún recanto a idea de máis valor: aínda se pode facer algo, por pequeno que sexa. Esta vontade de manter acesa a chama para un cambio de rumbo no trato que lle damos á Nai Terra é a que fixo posible unha obra como Home, filme que se estrea de balde en todo o mundo, a Rede inclusive (vía YouTube ata o 14 de xuño) e que constitúe un completo e novo recordatorio ambiental para o ser vivo coa cabeza máis dura de todos os que poboaron o planeta: o ser humano. O filme, dirixido por Yann Arthus e producido por Luc Besson, trata en definitiva de alertarnos sobre a saúde do mundo e sobre o camiño que emprendimos e do que semella que non podemos saír (e si que podemos).
Dáse a casualidade de para incrementar a súa pegada e darlle altofalantes á mensaxe, os responsables da película proceden hoxe, o Día Internacional do Medioambiente, a estreala en todo o mundo e en todos os formatos e canles: pantallas ao aire libre (ao pé da Torre Eiffel en París, no Central Park de Nova York ou mesmo en Trafalgar Square de Londres), cinemas, Rede, televisións (máis de un centenar de canles de todo o mundo xa a puxeron na súa grella de hoxe) e DVD.
Polo que respecta ao contido do filme, dicir que se trata dun documental e de que se rodou en 54 países. O traballo de filmación foi de todo menos breve: levou dous anos e incluíu 500 horas de película que logo de moito labor de montaxe ficaron en dúas. O filme non pretende achegar unha resposta clara ao problema: mostra no canto de explicar ou afondar. A idea é achegarlle marxe ao espectador para que faga a súa propia valoración sobre o tema e, a maiores, atope unha posible solución. O feito de que sexa un filme de balde, sinala o seu director nunha entrevista recente, garante que a película sexa vista polo máximo número de persoas no mundo.
Home, que está gravada de xeito íntegro dende o aire, contou cun orzamento de 12 millóns de euros, dos que 10 foron subministrados por PPR.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?