Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Traducen ao castelán o modelo CMMI para a mellora do desenvolvemento de software
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Traducen ao castelán o modelo CMMI para a mellora do desenvolvemento de software

Raquel Noya
Publicado: 05/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Acto_CMMI_calidade.jpgO Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO) vén de dar acollida, esta mesma mañá, á presentación da tradución ao castelán do Modelo de Mellora de Procesos CMMI para desenvolvemento de software, nun acto (que se está a emitir en directo na web oficial de INTECO) no que interviron, entre outros, o director xeral de Red.es, Sebastián Muriel e o líder do proxecto CMMI no SEI (Software Engineering Institute) da universidade norteamericana Carnegie Mellon, Mike Philips.
Trátase dun modelo de avaliación de madureza formado por unha serie de reglas que deben seguir as empresas que desenvolven aplicacións informáticas para que os seus produtos sexan de calidade, que varias entidades galegas, tales como Satdata Telecom ou Bahía Software, xa obtiveron nos últimos anos no seu nivel 3 e 2 respectivamente.
Entre outras cousas, este modelo de avaliación esixe que os produtos non teñan erros, que o seu desenvolvemento non se extenda no tempo máis alá do previsto e que o seu uso sexa seguro para o cliente, así como que se axuste ao que este último demande.
A implantación de calidade nas empresas a través dunha certificación, aporta numerosos beneficios tanto dentro da propia compañía como de cara ao exterior xa que unha empresa pode incrementar a súa produtividade, mellorar nos seus procesos internos, ter maior capacidade de resposta e habilidade para crear valor e mellorar a súa posición competitiva, entre outras moitas vantaxes.
España é o segundo país de Europa (con 105 avaliacións CMMI acadadas, por detrás de Francia que ten 141) e o noveno a nivel mundial en número de empresas avaliadas sobre o Modelo para o Desenvolvemento (CMMI-DEV), pero ata hoxe só estaba dispoñible en inglés, francés, chinés e xaponés, o que se traducía en que moitas compañías, sobre todo as de menor tamaño, tivesen dificultades para acceder a el.
Coa edición desta versión en castelán, as empresas do noso país e de toda Hispanoamérica, terán máis facilidades para proceder á súa implantación e mellorar así a súa productividade.
Na imaxe, de esquerda a dereita, Víctor Izquierdo, Mike Phillips e Sebastián Muriel, responsables da apertura do acto de presentación da tradución.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?