Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC avanza detalles sobre o seu innovador Centro de Proceso de Datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC avanza detalles sobre o seu innovador Centro de Proceso de Datos

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

visita_a_supercomputacion_03.jpgA Universidade de Santiago vén de dar un novo paso a prol da eficacia de recursos e tecnoloxía unificando nun único espazo o que ata de agora ficaba espallado: as partes do seu cerebro tecnolóxico. Máis polo miúdo, informa a USC, trátase de centralizar no seu novo Centro de Proceso de Datos os sistemas, aplicacións e os novos de voz e datos da institución educativa.
O equipo técnico posto en xogo, situado no Pavillón de Servizos do Campus Sur, conta cun orzamento de 315.000 euros. O centro, informa a USC logo da visita do reitor Senén Barro ás novas instalacións (na imaxe), dispón de dous grandes escenarios de traballo: a sala principal (de 65 metros cadrados, dá cabida aos sistemas e equipos de comunicacións) e a sala técnica anexa (con 20 metros de superficie, alberga equipamentos eléctricos e paneis de interconexión e telefonía).
No camiño da óptima rendibilidade, foi preciso habilitar máis de 8.000 metros de cableado de alta capacidade de transmisión, amais de 12 mangueiras de fibra óptica exterior. Entre outros cometidos, o Centro de Proceso de Datos da USC terá o de acadar respostas para problemas de fallo da rede da USC por fallos de subministro eléctrico. Neste caso concreto, cómpre sinalar que o CPD conta cun sistema de alimentación ininterrompida de alto rendemento, coa potencia e autonomía escalables e módulos substituíbles en quente.
Segundo informa a USC, trátase dun grupo electróxeno de emerxencia con máis de oito horas de autonomía, e mediante liñas de alimentacións e cadros independentes, para asegurar a súa operatividade en todo momento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?