
Amais disto, non estará dispoñible para a libre descarga de películas, cancións ou xogos, nin para visitar contidos vinculados ao sexo e á violencia ou non axeitados para os pequenos.
Segundo se informa na Internet, o proxecto vigués segue en certa maneira o ronsel da Rede WiFi de Barcelona. Amais destes e outros modelos, a iniciativa galega tamén está en disposición de inspirarse en si mesma, e máis se temos en conta que non é a primeira vez que Vigo impulsa un servizo desta índole, de balde e para toda a veciñanza, sendo o caso da cobertura sen fíos para a praia de Samil un dos máis salientables, malia a súa baixa demanda. Porén, tanto a tecnoloxía como o interese da cidadanía evolucionou moito dende aquela, por iso a previsión xeral no que se refire a interese suscitado é ben distinta. Para comezar, a nova rede non se limitará a un espazo non urbano, senón todo o contrario: estará no miolo da cidade, alí onde se desenvolve unha boa parte da súa vida cultural, social e económica, polo que é de supoñer un importante número de solicitudes de alta. Cómpre sinalar a maiores que a infraestrutura está suxeita a medres: en breve, logo de verán, o Concello levaraa ata a zona vella, aínda que desta volta con tecnoloxía WiMAX.
Vigo terá Internet de balde a partir de xullo
Compartir Este Artigo

