O vindeiro martes, 9 de maio, o salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxías da Consellaría de Traballo e Benestar, vai dar acollida á presentación do proxecto linktoStart da Fundación Inlea, unha pioneira iniciativa dirixida a empresarios do sector TIC que está orientada a prestar apoio ao desenvolvemento de liñas de negocio, obter financiación e asegurar a viabilidade de proxectos cuxo valor estratéxico sexa o uso das TIC.
O acto terá lugar ás 12:00 horas e nel participarán, entre outras personalidades, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, o director xerente da Fundación Inlea, Xavier Simó e a product manager de linktoStart, Isabel Pagonabarra, quen intervirá mediante conexión en directo vía Webex.
No proxecto poderá participar calquera persoa que tivese realizado algún curso no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, que estea vencellada cunha Cisco Networking Academy ou que teña unha idea de negocio coas TIC como valor estratéxico.
Os interesados en asistir a este evento deberán rexistrarse previamente a través da Internet.
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia acolle a presentación do proxecto linktoStart
Compartir Este Artigo

