Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente lanza unha web interactiva sobre consumo responsable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente lanza unha web interactiva sobre consumo responsable

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

agenda_viva.jpgA Fundación Félix Rodríguez de la Fuente (FFRF) quere facerlle honra ao seu nome (o padriño naturalista de milleiros de nenos, hoxe xa non tan nenos) nestes tempos tan necesitados de líderes que procuren alternativas ao suicidio medioambiental, e está a facelo pola vía dunha plataforma que chega a todas e todos: a Rede. Máis polo miúdo, e segundo deu a coñecer hoxe mesmo a propia Fundación en Madrid, a iniciativa colle corpo a través da Axenda Viva Dixital, a primeira guía interactiva que promove o lecer e o consumo responsable. A proposta, que vai orientada ao cidadán de a pé, foi presentada en todos os seus detalles pola presidenta da Fundación, Marcelle Parmentier e a súa directora xeral, Odile Rodríguez de la Fuente. Segundo explicaron, a Axenda Vida Dixital asume plenamente o legado do naturalista e aplícao aos tempos que corren.
O portal, como dixemos, vai encamiñado a facerlle ver ao consumidor que tipo de elección pode facer cando consume, para que o faga con conciencia e que deste xeito “cada unha desas decisións individuais poida exercer un cambio positivo no medio ambiente”.
Tirando proveito desta mestura entre este espírito de loita a prol da natureza de antes do xurdimento da Rede e a tecnoloxía 2.0 (a participativa) que vén logo da Internet, o portal ofrece unha serie de servizos para que a achega dos visitantes non fique en simple lectura: permítelles interactuar, de maneira que non só reciben datos, senón que poden transmitir as súas impresións e propostas sobre hábitos de consumo responsables vinculados ao lecer, ás compras, a alimentación, ao coidado persoal ou aos nenos.
O espazo en liña toma como modelo a revista trimestral da Fundación, Axenda Vida, publicada en papel dende 2005. Entre outros contidos, incorpora artigos de divulgación científica, arte, cultura, personaxes e experiencias, lugares, rutas, libros, revistas e páxinas web.
Durante o transcurso da presentación, Parmentier lembroulles aos presentes a contribución de Rodríguez de la Fuente ao movemento ecolóxico e sostible de hoxe: “Félix quería crear unha nova conciencia, non antropocéntrica (home centro do universo), senón biocéntrica (home como parte dun conxunto de seres vivos). Se tivera vivido 25 anos máis, teríase atopado con Internet e tería ocasión de empregala, non como un instrumento pasivo como é a televisión, senón como un instrumento interactivo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?