Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC dá a coñecer os nomes dos premiados no Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC dá a coñecer os nomes dos premiados no Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_premios_innovacion_2009.jpgA Universidade de Santiago (USC) vén de dar a coñecer os nomes das empresas recoñecidas no seu Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores, un certame que xa vai pola novena edición e que se dirixe, como o seu propio nome indica, a salientar as iniciativas xurdidas ao abeiro da USC que máis proxección de futuro presentan e máis liñas distintivas de estratexia. O concurso, que sempre xira arredor das novas tecnoloxías da información como base total ou parcial das empresas que participan, recoñeceu este ano as achegas de AMSlab, laboratorio de análises químicos para o desenvolvemento de servizos que precisen alta tecnoloxía e alto nivel científico.
A empresa, que tamén ofrece consultoría e asesoría técnica para proxectos de I+D, recibiu o primeiro premio desta edición do certame, o que se traduce basicamente nun apoio de 9.000 euros e nun financiamento de 24.000.
A firma recibiu o seu galardón nun acto celebrado este martes no Colexio de San Xerome e no que as outras empresas recoñecidas foron Nanoimmunotech, co segundo premio de base tecnolóxica; Minichic, premio Empresa Xove; Peloides Termales, na modalidade de Muller Emprendedora; Enerxía e Cooperación, premio Proxecto Medioambiental; e Holística, Consultora para a Lusofonía, na categoría de Proxecto con Sensibilidade Social
A entrega de premios contou coa asistencia do reitor da USC, Senén Barro, que estivo acompañado do vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, Xosé M. Mayán Santos; o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida Trastoy; o subdirector xeral de Xestión do PGIDIT, Benito Fernández Rodríguez; e o xerente de Uninova, Gustavo Marcos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?