Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo organiza o día 24 un encontro de negocio entre sectores tecnolóxicos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo organiza o día 24 un encontro de negocio entre sectores tecnolóxicos galegos

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ineo-6.jpgA asociación empresarial Ineo organiza este 24 de xuño na súa sede da Zona Franca (Vigo) unha xornada dirixida ás compañías galegas do sector das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) na que os asistentes poderán coñecer cales son as necesidades doutros sectores produtivos galegos ás que o sector TIC pode achegar solucións. O obxectivo principal do evento é que as empresas galegas do tecido dixital agrupadas dentro da asociación Ineo coñezan de primeira man en que poden axudar ás empresas doutros sectores e, ao mesmo tempo, accedan a novas oportunidades de negocio.
Con este fin, está previsto que nesta xuntanza (que comezará arredor das 9.30 horas) interveñan representantes dos clústers galegos da madeira, da acuicultura e da enerxía así como os representantes das Plataformas Tecnolóxicas Galegas de cada un destes sectores.
Os relatores trasladaranlles aos asistentes cal é a situación actual das empresas de cada sector, cales son os principais problemas cos que se atopan e cales as áreas nas que sería preciso realizar unha mellora tecnolóxica para aumentar a produtividade das empresas. Informarán ademais dos proxectos de innovación que se están a desenvolver dentro de cada un dos sectores e das posibles liñas de colaboración que poden establecerse entre o eido tecnolóxico e o resto de eidos produtivos.
A actividade inclúe tamén unha explicación de cales son as axudas e subvención vixentes dirixidas á modernización tecnolóxica dos diferentes sectores e a forma na que as empresas poden acollerse a elas para subvencionar proxectos neste eido.
Por outra banda, ademais das exposicións informativas, está previsto que, haxa un espazo no que os asistentes poidan entrevistarse individualmente cos relatores e obter asesoramento personalizado en torno a cuestións nas que poidan ter especial interese.
Por certo que a actividade organizada pola asociación Ineo (a celebrar co epígrafe TIC to Market) contará co apoio en cuestións de financiamento do Instituto Galego de Promoción Económica, a través da Consellería de Economía e Industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?