Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra a cifra de danos provocados por accidentes tecnolóxicos no fogar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra a cifra de danos provocados por accidentes tecnolóxicos no fogar

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Accidente improbable pero posible visto no sitio de  Agea no Flickr.
Accidente improbable pero posible visto no sitio de Agea no Flickr.
Se vostede está lendo esta información e mentres le sente que lle doe o pulso ou os cadrís, entón é moi probable que esta e outras webs sexan en boa medida culpables desas molestias. Ou mellor dito: esas e outras dores son consecuencia de empregar a esgalla as novas tecnoloxías nas condicións ergonómicas escasamente axeitadas. Neste senso, a tendencia, de non remedialo pasando menos horas diante do computador ou ben mudando a cadeira que nos impoñen os xefes por outra traída da nosa man, é a de que as molestias vaian a máis. Brincadeiras aparte, a situación xa non é cousa de broma se do que falamos é de nenos.
Segundo nos conta un informe publicado no American Journal of Preventive Medicine (do que se fai eco El Navegante), os danos provocados a cativos pola presenza en todos os recantos de computadores multiplicouse por sete nos últimos 13 anos. A situación ten lóxica e non a ten. Por unha banda, semella normal que a máis equipos tecnolóxicos, máis consecuencias se deriven deles. Pola outra, non é para nada normal que provoquen danos uns obxectos que non teñen por que moverse se os propios adultos teñen coidado de que non se despracen.
Ao parecer, a maior parte destas lesións veñen dadas por tropezos nos fíos do ordenador ou ben porque este está perigosamente situado nunha mesa ao alcance dos máis pequenos e remata caendo cando estes lle botan a man. A cifra dá que pensar e move á reflexión sobre a disposición que lle temos aos aparellos tecnolóxicos no fogar: entre 1994 e 2006 foron contabilizados 78.000 casos de lesións graves vinculadas a accidentes con equipos informáticos, tendo a gran maioría delas a súa raizame no ámbito doméstico. Entre os aparellos que máis perigosidade potencial atesouran sitúase sen dúbida a pantalla do computador, arestora xeralmente máis miúda pero ata hai ben pouco, coa tecnoloxía de tubos, incorporando os seus case tres ou catro quilos de peso. De feito, os danos relacionados con este equipamento supoñen o 37,1% do total.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?