Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Defensor do Menor presenta un spot dirixido a fomentar o uso do sentido común entre os adolescentes en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Defensor do Menor presenta un spot dirixido a fomentar o uso do sentido común entre os adolescentes en liña

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

defensor_menor_video.jpgSeguimos a voltas con iniciativas encamiñadas a situar na Rede figuras de asesoramento para nenos e adolescentes semellantes as outras que existen xa na vida real dende tempos inmemoriais: as figuras do titores ou mentores. A diferenza, no caso da Internet, radicaría no seguinte: os titores, máis que presenzas, serían consellos a ter en conta e recursos de guía accesibles as 24 horas. Favorecer este clima con iniciativas concretas é o gran obxectivo do Defensor do Menor, que, en colaboración coa Obra Social Caja Madrid, a Fundación Telefónica e Telemadrid, vén de lanzar un spot televisivo dirixido a fomentar a responsabilidade da rapazada á hora de pendurar imaxes na Rede. A peza audiovisual, que reproduce a dita canle autonómica de xeito gratuíto ao longo do vindeiro mes e en todos os treitos horarios, será en breve cedido a outras canles do eido estatal, autonómico e local que desexen emitila.
O spot ten un lema que fala sen axuda: Antes de pendurar a túa imaxe na web, pénsao. A idea dos responsables da iniciativa é concienciar aos adolescentes sobre unha cuestión na que se cadra non reparen todo o que deberían: poñer algo na Rede é igual que poñelo nun taboleiro de anuncios por onde pasasen multitudes, coa diferenza de que o que se pon no taboleiro remata case sempre por ir ao lixo, e o que se pon na Internet tende a perdurar anos e anos.
A protagonista do anunciou é unha rapaza que vai comprobando cómo persoas para ela descoñecidas non só son quen de identificala, senón que chegan a incomodala con certas actitudes, do que se deduce que malinterpretaron información vertida na Rede por ela ou por outros internautas en base aos datos deixados por ela. A peza, sinalan os seus responsables, está inspirada noutra semellante producida previamente en Estados Unidos, sendo a estreada en Telemadrid o que se podería chamar unha versión española con algún que outro cambio: introdúcese o emprego da telefonía móbil e a conexión que establecen os rapaces e rapazas entre estas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?