Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación CEER prevé desenvolver un plan de comunicación 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación CEER prevé desenvolver un plan de comunicación 2.0

Raquel Noya
Publicado: 11/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

web-2_0-herramientas.jpgA Fundación CEER, constituída polas universidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, UTAD, Minho, Porto e a Xunta de Galicia, que naceu co obxectivo de incrementar as relacións entre as devanditas entidades académicas e gubernamentais, vén de anunciar a súa intención de crear o seu 1º Plan de Comunicación 2.0, que marcará as pautas de actuación nos vindeiros anos en materia de comunicación dixital entre universidades.
O desenvolvemento de redes e o establecemento de sinerxías é un obxectivo prioritario para o Centro de Estudos Eurorrexionais, o cal, hai cinco anos, recibía fondos europeos para o desenvolvemento da proxecto Campus en Rede, que pretendía e pretende “artellar un espazo para a difusión da información relacionada coa ciencia, a innovación, o coñecemento e a excelencia”.
CEER.jpgPara crear este Campus en Rede foi necesario, por aquel entón, a creación da web oficial, na que se divulgarían novas e eventos a través do xornal, se crearía un centro de doumentación, se incluiría un potente buscador de equipos de investigación das seis universidades que forman parte do CEER e se habilitaría unha sección adicada á difusión de blogs, foros e enquisas para a xeración de debate e participación.
Posteriormente foron engadidos novos apartados, creando unha web dinámica, áxil, atractiva e interesante para a comunidade universitaria da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.
Agora, pasados estes cinco anos, os seus responsables afirman “que aquela iniciativa era necesaria e constituía unha demanda latente na cidadanía do Norte de Portugal e Galicia, xa que a web do CEER segue a incrementar o seu número de visitas, chegando a ser a web con tematica eurorrexional de Galicia-Norte de Portugal máis visitada da Eurorrexión”.
Para a consecución de redes e sinerxías é necesario, engadiron, “traballar coas redes sociais xa existentes”, pois estas ferramentas confíguranse como necesarias e xeneran un volume de coñecemento e intercabio de información que debe ser tido en conta polas institucións.
Por este motivo o CEER quere animar a estudantes, profesores, investigadores/as, PAS, e interesados en xeral a participar no envio de propostas para así continuar innovando en materia de comunicación. Deste xeito, durante o prazo de quince días, o CEER fará unha campaña de difusión de novas relacionadas coa comunicación 2.0, onde se mencionarán libros relacionados coa temática, investigadores da materia, estudos elaborados sobre as comunidades virtuais e redes sociais, etc…
Para poder enviar estas propostas, a entidade vai crear un espazo nos foros da web, onde se poderá debater sobre as distintas cuestións presentadas polos cidadáns; éstes poderán facelo tamén por correo electrónico ou incluso por correo postal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?