A operadora de cable R leva tempo anunciando que os seus usuarios non precisan adaptarse á TDT porque reciben as canles dixitais de xeito analóxico sen ningún problema, o que non é absolutamente certo, dado que na oferta de televisión xeralista da compañía hai certas carencias como a ausencia das canles dixitais Antena.Nova e Antena.Neox, e que veñen de corrixir parcialmente ao incorporar 40 Latino, Hogar10, CNN+ e G2 (non dispoñibles ata o de agora). Para este cambio tamén modificaron a frecuencia de emisión de Intereconomía, polo que os usuarios que desexen seguir vendo tal canle, ou queiran recibir as 4 novas canles da grella de R, deberán resintonizar o seu televisor.
Este cambio na oferta televisiva de R aplicarase de xeito progresivo, comezando por Santiago de Compostela, Silleda, Lalín, A Estrada, o Barbanza, a Costa da Morte, Ferrolterra e a área metropolitana de A Coruña.
Dende a operadora tamén lembran aos seus clientes que na actualidade emiten en aberto e dixital (para sintonizadores DVB-C) as canles que emiten en aberto xunto coas canles autonómicas do resto de España, varias canles internacionais e a local compostelá Correo TV.
R incorpora 4 novas canles á súa oferta televisiva analóxica en aberto
Compartir Este Artigo
