Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés participa arreo nas probas de emisión de alta definición que se levan a cabo en Valladolid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés participa arreo nas probas de emisión de alta definición que se levan a cabo en Valladolid

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

televes_unidade_mobil-0f2c5.jpgA xira promocional por España e Europa da empresa galega Televés segue adiante. Se hai unhas semanas informamos do seu paso por Valencia, onde participou no Congreso Fenitel achegándolles aos profesionais a tecnoloxía da televisión do futuro, agora cómpre falar da presenza activa da unidade móbil da compañía compostelá nas probas de emisión en alta definición que Televisión Española está a levar a cabo en Valladolid. O obxectivo de Televés coa súa participación nestes traballos é incorporarse á iniciativa pioneira que TVE coordina dende o seu Centro Territorial de Castela e León e que deu comezo o pasado 17 de xuño a través da canle 32 da TDT, sinal que se recibe arestora en toda a provincia de Valladolid.
A previsión de Televés ao longo destas xornadas, informa a empresa nun comunicado, é a de traballar ombro con ombro cos técnicos de TVE na realización das probas técnicas de recepción e compatibilidade de emisións en alta definición.
Máis en detalle, os técnicos da empresa privada galega e os da canle pública probarán diferentes formatos de emisión de vídeo en MPEG-4 e avaliarán as capacidades dos servizos adicionais asociados á HDTV.
Outro dos obxectivos será afondar na interoperabilidade de distintos equipos desenvolvidos para esta tecnoloxía, así como a súa adaptación aos parámetros de emisión de TVE. Cómpre sinalar que a xira de Televés (Tour HDTV) comezou o pasado mes de abril coa finalidade de achegarlles a televisión do mañá aos profesionais do sector, misión para a cal a compañía preparou nos meses previos unha unidade móbil equipada con tecnoloxía de última xeración e que está a informar por toda Europa das vantaxes para os usuarios e profesionais do sinal de televisión de alta definición (HDTV). O itinerario pode seguirse paso a paso en www.hdtv-tour.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?