Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A unidade móbil de Televés desembarca en Valencia no Congreso Fenitel
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A unidade móbil de Televés desembarca en Valencia no Congreso Fenitel

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/06/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

televes_unidade_mobil.jpgTelevés segue a máxima de aplicar ás súas tarefas de promoción o principio da mobilidade. Dito doutro xeito: desenvolvementos como a antena intelixente DAT HD móvense sobre rodas, concretamente as da unidade móbil da empresa con sede en Santiago especificamente habilitada para amosar de primeira man as vantaxes da tecnoloxía da televisión do futuro. Por certo que segundo nos contan fontes da propia compañía, o Tour HDTV que protagoniza o dito vehículo está a facer dende este xoves (e durante tres días máis) unha parada estratéxica en Valencia. O motivo? Participar arreo no Congreso Fenitel na Cidade das Artes e das Ciencias. A idea é a mesma da xira (achegar a televisión do futuro aos técnicos, distribuidores e profesionais do sector), pero ao grande: con máis público e con meirandes posibilidades de acordos.
Sinalar que a unidade móbil vén equipada con tecnoloxía de última xeración e que o itinerario comezou no berce mesmo de Televés, o 28 de abril, para logo desenvolver unha ruta polas principais cidades de Portugal.
A chegada a Valencia representa un dos puntos álxidos do desembarco levantino do vehículo galego. “Coa chegada a Valencia da unidade móbil de Televés”, sinalan fontes da empresa, “os técnicos e instaladores terán unha extraordinaria oportunidade de achegarse, de mans da compañía líder no desenvolvemento tecnolóxico de antenas e equipos para a distribución e mediación do sinal de radiotelevisión, á tecnoloxía que soporta a televisión de alta definición (HDTV) así como a produtos e solucións desenvolvidos por Televés”.
Por certo que a xira non remata en Valencia: en breve está previsto que o vehículo cruce unha parte do Atlántico para presentar as vantaxes da nova televisión en Madeira. Máis tarde, volverá ao Portugal peninsular e, na segunda metade do ano, visitará o resto das comunidades autónomas españolas. Asemade, tamén está programado quen para 2010 cruce os Pirineos para percorrer Francia, Alemaña, Italia, Reino Unido, Escandinavia e a Europa do Leste. Sinalar que no itinerario participa activamente a ampla rede comercial de Televés, que dispón do apoio de empresas distribuidoras de material eléctrico e electrónico.
Entre os recursos propios da empresa galega que se poden coñecer no Tour, atópanse a nova antena DAT HD (da que falamos recentemente nesta web con motivo da súa presentación en Alemaña) ou o medidor de campo portátil H45, a xuízo de Televés o primeiro da súa clase que incorpora o procesado dixital.
Por último, lembrar que a xira en cuestión pode seguirse, co fin de non perdérmonos a ocasión de participar nela, a través da Web, máis polo miúdo na páxina www.hdtv-tour.com, na que se ofrece un seguimento real do vehículo e toda a información relativa ás datas e lugares previstos para cada unha das paradas. E para que ninguén fique nunha simple exposición de números e nomes de lugares, tamén se achegan crónicas e imaxes das actividades desenvolvidas nas paradas que se van deixando atrás.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?