Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Miguiapractica.com: rede social galega para compradores e vendedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Miguiapractica.com: rede social galega para compradores e vendedores

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

miguiapractica.jpgO modelo de rede social, sempre que teñamos os pés nos chan (e isto vai polo que está a pasar con Keteke, que logo de 10 millóns de euros en promoción está a darse cun canto nos dentes), ten un potencial ben amplo. Baséase nun principio que o ser humano desenvolve dende moi cedo e que logo potencia ás veces ata o radicalismo: a busca de xente afín con intereses afíns. Tendo en conta isto, a súa aplicación ao ámbito do negocio e o comercio case semella unha veta sen explotar, e máis aínda onde a Rede, polos motivos que sexan, aínda non acadou a nota máis alta en materia de afianzamento. Disto, de coller un ámbito onde se necesita máis cooperación e Rede 2.0 é do que trata a iniciativa que presenta Vieiros e que consiste nun espazo social onde se interconecta a empresas e clientes da nosa terra, entre si e cos outros de máis alá.
O servizo, de nome Miguiapractica.com, foi posto en marcha por un grupo de emprendedores galegos coa idea de facilitar o día a día dos consumidores (que verán na web unha guía de produtos e servizos feitos e desenvolvidos dentro da nosa xeografía), e tamén dos responsables dos negocios (que poderán tirarlle partido para acurtar toda a distancia posible cos compradores).
O xeito de actuar que se lles achega aos primeiros é semellante á de calquera rede social: teñen liberdade para buscar produtos, probalos e dar logo a súa opinión. Este punto de vista persoal será logo un dos principais valores da web, ao ser tida en conta (de maneira individual e máis en conxunto) como guía de consumo feita, precisamente, polo consumidor. Polo que respecta aos emprendedores, terán marxe de abondo para entrar no xogo con todos os riscos que este achega: se o produto que promoven gusta, os clientes xa se encargarán de facelo saber, sendo unha fonte de promoción inmellorable. Pola contra, se o produto non gusta, terán que asumilo e afrontalo con melloras sobre este ou ben con novas estratexias.
Ao tratarse dunha rede social, o único requisito que se nos pide é efectuar un rexistro. As súas vantaxes son obvias: para os usuarios da Rede facilita o camiño de compra ou aluguer dun servizo ou produto, e para os empresarios supón un pulo importante ao seu labor de marketing (os clientes contribúen a isto en gran medida). Polo que respecta as opinións vertidas polos usuarios, dicir que se expresarán en clave multicanle: a través de etiquetas, imaxes ou mesmo vídeos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?