
Os comentaristas de TVE tamén participarán nesta nova iniciativa, respondendo ás dúbidas dos usuarios durante as retransmisións. Paralelamente Carlos de Andrés e Perico Delgado levarán o blog En ruta, no que narran as súas vivencias dentro da caravana do Tour e as súas reflexións sobre a marcha da competición, buscando tamén a participación do espectador a través dos comentarios.
Para rematar esta aposta baseada na Internet, a web de RTVE introduce este ano o mapa interactivo do Tour, comentado por Alberto Contador etapa por etapa.
Televisión Española aposta pola Internet para potenciar o Tour de Francia
Compartir Este Artigo
