A Rede de Dinamización da Sociedade da Información presenta hoxe a páxina web de Memoria de Muller que, ao igual que este proxecto no seu conxunto, está dedicada á memoria das mulleres galegas.
As videomontaxes que pódense ver nesta nova web elaborada por A Navalla Suíza foron realizadas por principiantes no mundo das Novas Tecnoloxías, todas maiores de 50 anos. Estas nacen dunha iniciativa da Rede para achegar as galegas ao mundo informático e para recuperar a memoria persoal e histórica de todas esas anónimas que, non por ser descoñecidas, deixan de ser fundamentais na historia do noso país.
Actualmente están dispoñibles 50 vídeos, pero iranse subindo máis, ata deixar á disposición dos e das internautas todas as videomontaxes realizadas polas máis de cen mulleres que participaron na iniciativa e as que participarán no futuro, pois o proxecto segue en marcha. Os que xa se poden ver son os realizados na Bola, ASORLU, Boiro, Celanova, Chantada, Curtis, Fundación CEL, Pontevedra: Ponte Sampaio, Ribadeo, San Sadurniño, Valdeorras e Vilasantar .
Ademais dos vídeos realizados polas protagonistas e narradoras, nesta nova páxina hai moita máis información dispoñible, como imaxes das participantes, a transcrición das súas historias, vídeos de cómo se levaron a cabo as iniciativas e fotografías das súas presentacións públicas, entre outros.
Presentan unha nova web dedicada á memoria das mulleres galegas
Compartir Este Artigo

