A vindeira semana Microsoft lanzará no Reino Unido o MSN Video Player, un reprodutor multimedia que ofrecerá máis de 300 horas de series de televisión mediante streaming, comezando en probas con material da BBC (concretamente das filiais BBC Worldwide e ALL3MEDIA).
Os programas achegaranse a través das tecnoloxías Windows Media Video e Flash, para permitir que os contidos cheguen tanto a PC como a Mac, agardándose que no futuro empregue tecnoloxía Silverlight (a alternativa a Flash de Microsoft).
Este servizo de retransmisión de vídeo non contará con protección DRM, pero por desgraza non estará dispoñible fóra do Reino Unido. Hai que destacar a súa importancia porque na actualidade os británicos xa contan co iPlayer da BBC e contarán con Hulu antes de rematar o ano, de xeito que a oferta audiovisual a través da Internet en Europa podería dispararse.
Microsoft prepara no Reino Unido unha plataforma de vídeo mediante streaming
Compartir Este Artigo
