O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo denuncia que o apagamento analóxico impediría que os habitantes do Bierzo recibisen o sinal da TVG como veñen facendo ta o momento, polo que reivindican que se tomen medidas para que o sinal dixital da Galega tamén chegue a esta zona para que os galego-falantes da comarca poidan continuar a gozar da oferta televisiva en galego.
Dado que actualmente está a traballarse na posibilidade de que as canles autonómicas poidan verse fóra do seu ámbito xeográfico a través da TDT, Fala Ceibe pide que a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla acheguen posturas para asinar un acordo de colaboración de xeito que a TVG en dixital chegue ao Bierzo, dando continuidade a un servizo ao que o público está afeito.
Piden ver a TVG por TDT no Bierzo
Compartir Este Artigo
