
Pero o Windows Mobile 6.5 non funcionará só en novos terminais, senón que moitos dispositivos avanzados que contaban con versións anteriores do sistema operativo móbil de Microsoft tamén poderán actualizar os seus terminais. Microsoft asegura que en Europa xa contan co apoio de operadoras (Orange, Deutsche Telekom e Vodafone) e fabricantes (Acer, HTC, LG, Samsung, Sony Ericsson e Toshiba) para o lanzamento dos Windows Phones, que entre outras cousas incluirán unha versión redeseñada do Internet Explorer Mobile con soporte de Adobe Flash Lite, compatibilidade con documentos do MS Office e acceso a múltiples servizos da web social (Facebook, Twitter, MySpace ou Windows Live), o que os fai axeitados tanto para o traballo como para o lecer.
O Windows Mobile 6.5 tamén supón un avance de cara ao uso da pantalla táctil dos móbiles cos dedos, e esta versión do sistema operativo móbil de Microsoft podería permanecer bastantes meses no mercado, pois o Windows Mobile 7 non chegará finalmente en 2009.
Vídeo de presentación das novas posibilidades que achega o Windows Mobile 6.5
A nova xeración de terminais con Windows Mobile presentarase o 6 de outubro
Compartir Este Artigo
